A primavera inspíranos a facer actividades ao aire libre. E por iso os alumnos e alumnas de segundo de primaria saímos a plantar tomates, pementos e cabaciñas... Unha forma de aprender a través da experiencia, promover a conciencia e coidado polo medio ambiente e potenciar o traballo cooperativo. Agora só toca esperar e que sintan recompensados os seus esforzos cando vexan as súas plantiñas nacer.